Nota de prensa:
Este venres, indicado como fin do mundo do «calendario maya», convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de «Cousas de Mortos».
Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidadee despedirse disfrutando e ríndonos de nós mesmos.Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares,neste caso parapetado xunto a amigos, colegas e todos aqueles que queirades achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de «Os Lobos de Moeche» e de «A Torre dos Mouros».Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos e que se venden conxuntamente nun pack a 13,50 euros.Un agasallo de nadal para toda a familia 🙂Os nosos amigos de ALITA convidarán a cañas de cervexa a todos os que merquedes algún cómic mentres Cráneo desentinta os seus últimos trazos.SORTEO:Sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor.FESTA:Ao remate continuaremos a festa no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permañece a exposición de pranchas da bd «A Torre dos Mouros» e ademáis disfrutaremos de música en directo.DEMO EDITORIAL DESÉXAVOS UN FELIZ FIN DO MUNDO E UN PRÓSPERO E MELLOR MUNDO NOVO EN 2013 😉
