Es la hora de las tortas!!!

Es la hora de las tortas!!!

Novedades de DEMO EDITORIAL para agosto (galego)

Nota de prensa de Demo Editorial:

Achegamos información das dúas novidades que presentaremos en agosto aproveitando o marco do Viñetas desde O Atlántico.

No noso empeño de potenciar a autores galegos en lingua galega a traverso da banda deseñada, e non sin esforzo, editamos estas dúas novas propostas recomendadas para os tempos que corren polos seus contidos sociais.

A primeira, A causa do crime de Tokio, lémbranos o contexto político, social e cultural da década dos 80, marcado por unha tensión social nada lonxana da actualidade. En clave de serie negra.

A segunda, Nacho Camacho con guións do escritor Rodrigo Cota e debuxos de Jano, supón un claro exemplo do choque xeracional e do enfrontamento entre a parte da sociedade incapaz de romper a súa tradición machista e conservadora e a outra parte que vive nun presente onde a liberdade sexual é o xeito natural de vivir. En clave de humor.

As dúas obras teñen outro factor común, tanto Jano como Tokio repiten có noso selo editorial por segunda vez o cal supón unha satisfacción para nós como editores.

Dicir tamén que Jano será o autor galego convidado oficialmente dentro desta edición do festival Viñetas desde o Atlántico, un valor engadido para este lanzamento.

CUBERTA+A+CAUSA+DO+CRIME+8

A CAUSA DO CRIME
Autor: Tokio
50 páxinas
Branco e negro
Rústica con lapelas de 7 cm
978-84-940349-9-2
P.V.P: 12 €

Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo.
O álbum conterá un enlace a Spotify a modo de banda sonora da obra, cunha selección de temas que inspiraron o autor para a realización do álbum.

Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais.

CUBERTAS+NACHO+CAMACHOdef

NACHO CAMACHO
Rodrigo Cota / Jano
Colección Demográfica nº2
52 páxinas (Inclúe making off)
A toda cor
14 x 21 cm
Rústica con lapelas
ISBN: 978-84-940349-8-5
P.V.P: 11,50 €

Jano regresa a Demo Editorial para traernos da man do excelente guionista Rodrigo Cota o que será a nosa segunda novidade para presentar durante a feira do Viñetas desde o Atlántico 2014.

Nacho Camacho é ante todo un home dos de sempre, e está orgulloso de selo. Macho alfa contemporáneo, cachas de ximnasio, materialista ata a medula, adora o seu ídolo Clint Eastwood, seguramente porque aínda non coñece a Vin Diesel. A vida de Nacho sería perfecta se non fose por un pequeno problema que ten na súa propia casa: o seu fillo pre-adolescente, Junior, é homosexual.

Jano e Rodrigo Cota ofrecen unha obra humorística que ridiculiza de xeito directo e sen complexos unha sociedade machista que sucumbe ante a chegada de novos conceptos para entender a vida baseados nas liberdades individuais e de expresión. Álbum transgresor e indispensable para derribar con bo humor a fachada do mundo virtual que nos envolve.

Outras obras de Jano publicadas por Demo Editorial:

OPERARIO
Jano
Colección Demográfica nº1
52 páxinas
Branco e negro
14 x 21 cm
Rústica con lapelas
978-84-940349-6-1
P.V.P: 10 €