Nota de prensa:

Este venres, indicado como fin do mundo do “calendario maya”, convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de “Cousas de Mortos”.

Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidade
e despedirse disfrutando e ríndonos de nós mesmos.
Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares,
neste caso parapetado xunto a amigos, colegas e todos aqueles que queirades achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.
Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de “Os Lobos de Moeche” e de “A Torre dos Mouros”.
Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos e que se venden conxuntamente nun pack a 13,50 euros.
Un agasallo de nadal para toda a familia :-)
Os nosos amigos de ALITA convidarán a cañas de cervexa a todos os que merquedes algún cómic mentres Cráneo desentinta os seus últimos trazos.
SORTEO:
Sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor.
FESTA:
Ao remate continuaremos a festa no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permañece a exposición de pranchas da bd “A Torre dos Mouros” e ademáis disfrutaremos de música en directo.
DEMO EDITORIAL DESÉXAVOS UN FELIZ FIN DO MUNDO E UN PRÓSPERO E MELLOR MUNDO NOVO EN 2013 😉
Antonio HidalgoActualidadAlita Comics (librería especializada),Manel Cráneo (autor),Presentaciones
Nota de prensa: Este venres, indicado como fin do mundo do 'calendario maya', convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de 'Cousas de Mortos'. Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidade e despedirse disfrutando...