Es la hora de las tortas!!!

Es la hora de las tortas!!!

Presentación de “A CAUSA DO CRIME” en Gondomar

Nota de prensa (recibida en idioma gallego):

PRESENTACIÓN “A CAUSA DO CRIME” EN GONDOMAR
VENRES 5 DE SETEMBRO, 20:30 h.
AULA DE CULTURA MONTE DAS ROSAS
IEM GONDOMAR (Instituto de Estudios Miñoranos)
O acto contará có autor da obra, Tokio e a presenza de Evaristo Pereira como convidado.

Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo. O álbum conterá un enlace a Spotify coas referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.

CUBERTA A CAUSA DO CRIME

FICHA TÉCNICA
Autor: Tokio
52 páxinas Branco e negro
Rústica con lapelas de 7 cm
P.V.P: 12 €

A CAUSA DO CRIME
Vigo, 1984. Xusto antes da primeira folga xeral galega, a explosión dunha bomba durante unha entrega de premios oficial levanta as sospeitas da policía sobre Alba, que está a traballar nese momento no lugar dos feitos. Para demostrar a súa inocencia, Alba iniciará a súa pescuda cun veterano sindicalista, e ambos os dous acabarán descubrindo unhas intencións moi distintas ás das investigacións policiais.