El otro día leía el número 6 de Age of Ultron y por dentro mis tripas se retorcían. No hacía más que pensar que los crossovers, megaeventos, o como queráis llamarlos son cada día peores. …
Lea la historia completa »Nota de prensa:
Este venres, indicado como fin do mundo do “calendario maya”, convidámosvos a asistir a partir das 19.30 da tarde a unha apocalíptica presentación de “Cousas de Mortos”.
Que mellor obra que esta de Manel Cráneo para analizar o que foron e supuxeron os últimos miles de anos da historia da humanidadee despedirse disfrutando e ríndonos de nós mesmos.Aínda que moitos pensan que non, outros parapetados nos seus bunkers cren que esta será a última vez que Manel asinará exemplares,neste caso parapetado xunto a amigos, colegas e todos aqueles que queirades achegarvos á Librería Alita Cómics, na Rúa Orzán, en A Coruña.Ademáis tendo en conta que pode ser a derradeira ocasión, o autor asinará tamén exemplares do recente nova edición de ”Os Lobos de Moeche” e de “A Torre dos Mouros”.Dous títulos de ambientación medieval que no primeiro caso xa supera os 3000 exemplares vendidos e que se venden conxuntamente nun pack a 13,50 euros.Un agasallo de nadal para toda a familia
Os nosos amigos de ALITA convidarán a cañas de cervexa a todos os que merquedes algún cómic mentres Cráneo desentinta os seus últimos trazos.SORTEO:Sortearase tamén unha lámina enmarcada e asinada entre os que merquen calquera título do autor.FESTA:Ao remate continuaremos a festa no Pub Dublín (Rúa Panaderas), onde permañece a exposición de pranchas da bd “A Torre dos Mouros” e ademáis disfrutaremos de música en directo.DEMO EDITORIAL DESÉXAVOS UN FELIZ FIN DO MUNDO E UN PRÓSPERO E MELLOR MUNDO NOVO EN 2013![]()
Tags: Alita Comics (librería especializada), Manel Cráneo (autor), Presentaciones y sesiones de firmas
Comentarios recientes